Micmac Míkmawísimk | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Mi'kmaq, Míkmaq | |
Falado en: | Canadá e os Estados Unidos de América | |
Rexións: | (Novo Brunswick, Terra Nova e Labrador, Nova Escocia, Illa do Príncipe Eduardo, Quebec e Maine) | |
Total de falantes: | 7 345 (censo de 2016)[1][2] | |
Familia: | Americana Álxico Algonquino Algonquino oriental Micmac | |
Escrita: | Alfabeto latino Xeróglifos micmac | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | mic | |
ISO 639-3: | mic
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua micmac[4] é unha lingua algonquina oriental falada por 7 345 membros do pobo micmac do Canadá e dos Estados Unidos, sobre un total de poboación étnica micmac que rolda as 20 000 persoas.[5][6] O termo micmac provén do termo plural para 'meus amigos' (en singular Míkm[7]); a forma adxectival é Míkmaw.[8] O nome nativo da lingua é lnuismk, míkmawísimk[9] ou míkmwei[7] (nalgúns dialectos).